Escoitar

Trala obrigada interrupción a causa da COVID-19, a Axencia Galega de Emerxencias encargouse de organizar esta edición do foro, que se celebrou os días 15, 16 e 17 de novembro.

O encontro consolidouse como unha oportunidade para os encargados dos diversos centros xestores de emerxencias de toda España, que puxeron en común as experiencias e novos coñecementos adquiridos durante os últimos anos.

    

    

    

Na mañá do día 16, os participantes foron recibidos na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) da Estrada polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e polo xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo.

Alí, tomaron parte nunha reunión de traballo na que se abordaron importantes cuestións relativas á xestión das situacións de emerxencia, como é o estado do recente sistema de avisos masivos á poboación ou o balance sobre a implantación do sistema AML (Localización Móbil Avanzada) nas diferentes comunidades autónomas.

Os participantes tiveron a oportunidade de visitar tamén as instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia.

Ademais, o evento contou coa participación  por vía conferencia da directora técnica da Asociación do Número de Emerxencias Europeo (EENA), Cristina Lumbreras, con quen analizaron as principais novidades introducidas no continente en relación á recepción, tratamento e xestión das chamadas de emerxencia.

       

                 

Finalmente, o día 17, logo de ser recibidos en Santiago de Compostela polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, trasladáronse á Feira Internacional de Seguridade, Defensa, e Emerxencias (SEDEXPO), que se celebrou en Silleda, e na que os participantes puxeron en común grandes desafíos aos que se enfrontan os diferentes centros autonómicos. 

                                                  

facebook twitter instagram