Escoitar

Ante as altas temperaturas, non estaría de máis que tomes nota destes consellos de protección. Para empezar, prestemos atención a aqueles colectivos que poden acusar máis os efectos da calor. Así, os nenos, os maiores e os enfermos crónicos necesitan extra hidratación.

Ademais, todos e todas debemos beber aínda sen sede para reducir o impacto sobre a saúde das altas temperaturas. Tamén:

  • Utiliza roupa lixeira, lentes de sol, sombreiro e non escatimes en cremas de protección solar
  • Cómpre evitar as bebidas con cafeína, que fan aumentar a frecuencia cardíaca
     
  • Aproveita as sombras se saes á rúa
     
  • Quizais non sexa o mellor día para ir de champada, pois as comidas copiosas tardan máis en dixerirse (máis traballo para o corpo)
     
  • Reduce a actividade física
     
  • Na casa, durante o día, pecha as fiestras e baixa as persianas e aproveita para ventilar de cando en vez
     
  • Comproba que os alimentos que inxires cumpran coas medidas de conservación necesarias
     
  • Ante calquera emerxencia chama ao teléfono 112