Escoitar
sábado, 6 Abril, 2019

Un home foi liberado polos bombeiros despois de caer debaixo dun tractor por mor dun esvaecemento.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, os feitos ocorreron pasadas as seis desta tarde na entrada dunha finca de Vilaseca, no concello ourensán de Trasmiras. Alí acudiron os Bombeiros de Xinzo para excarcerar o condutor que quedou atrapado baixo o motocultor despois de sufrir, probablemente, un mareo.

Unha vez liberado, o home foi atendido e evacuado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia.