Imaxe escoitar Escoitar
venres, 25 Setembro, 2020

Os Bombeiros liberaron esta tarde a un home que quedou atrapado no interior do turismo que conducía despois de saírse da vía e caer por un desnivel.

O condutor, no momento de producirse o accidente, circulaba pola autovía, á altura de Vilarraso, dirección Madrid, no concello coruñés de Aranga.

Foi un particular quen, sobre as 15:30 horas, avisou ao 112 Galicia. Indicaba que un coche se saíra da autovía e advertía da posibilidade de feridos graves.

Ata o lugar, nada mais ser alertados polo 112 Galicia desprazouse o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Betanzos, o GES de Curtis e a Garda Civil de Tráfico.

Tamén desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración do persoal de mantemento da vía, xa que foi preciso cortar un carril á circulación mentres operaban os servizos de emerxencia.

Unha vez liberado o ferido, os Bombeiros confirmaron o seu traslado en ambulancia polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.

Dúas persoas atropeladas por un patinete
Tamén este mediodía, ao fío das 14:30 horas, os servizos sanitarios comunicaban ao 112 Galicia que dúas persoas foran atropeladas por un patinete, na rúa Concepción Arenal, na cidade de Lugo.

Nada mais ter coñecemento dos feitos, o 112 Galicia informou á Policía Local, aos Bombeiros e aos efectivos de Protección Civil de Lugo.

 

facebook twitter instagram