Escoitar
luns, 7 Novembro, 2022

Os voluntarios de Protección Civil de Baños de Molgas que participaban na busca localizaron ao home consciente, pouco antes do mediodía, entre os lugares de Borrán e Porto.

O 112 Galicia tivo coñecemento a través dunha chamada dos servizos de emerxencias, que informaban de que atoparan ao home, de avanzada idade, para quen solicitaban asistencia sanitaria, aínda que segundo Protección Civil se atopaba en bo estado de saúde. Foi trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. 

O operativo, no que colaborou a Unidade de Drons da Axega durante a tarde do sábado, estaba coordinado pola Garda Civil e nel traballaron o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os GES de Maceda e de Laza, e Protección Civil de Maceda, Xunqueira de Ambía, Laza, Baños de Molgas, Sarreaus, Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Verín e Parada de Sil. Tamén interviñeron membros do Grupo de Intervención Psicolóxica ante Catástrofes e Emerxencias para prestar asistencia aos familiares do implicado.

O home desaparecera do seu domicilio na tarde do pasado 5 de novembro.

facebook twitter