Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 12 Agosto, 2020

Os servizos de emerxencia recuperaron esta mañá do río Pereiro, en Vedra, o corpo sen vida dunha persoa. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, trátase dun home que se ausentou da súa vivenda o pasado martes día 11.

O 112 Galicia tivo coñecemento da súa desaparición ás 10:00 horas de hoxe a través da chamada dun familiar. A partir de aí, púxose en marcha un operativo de busca coordinado pola Garda Civil no que participaron, ademais, o Grupo de Apoio Loxístico ás Emerxencias (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias e os voluntarios Protección Civil da vila.

Unha vez localizado o corpo da persoa polos axentes de seguridade, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Policía Autonómica e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Do mesmo xeito, solicitouse a colaboración dos Bombeiros de Ordes e dos membros do GES de A Estrada, aínda que, finalmente, a persoa foi recuperada da auga nunha padiola cun vehículo anfibio do GALI.

facebook twitter instagram