Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 11 Xullo, 2018

A Garda Civil atopa ao home que dende onte se buscaba en San Cibrao das Viñas.

O CIAE tivo constancia da súa desaparición ao fío das 16:00 da tarde pasada. Foi a esa hora cando axentes da Garda Civil solicitaban ao 112 Galicia colaboración para a busca dun home  que faltaba do seu  domicilio, na aldea de Valiñas,  dende esa mañá.

Bombeiros de San Cibrao, efectivos do GES de Pereiro de Aguiar, de Ourense, Barbadás, Paderne de Allariz, Maceda, Allariz,  Baños de Molgas e  Xunqueira de Ambía participaron no dispositivo que dende o momento da desaparición coordinou á Garda Civil.

Á primeira hora desta mañá, axentes da Garda Civil comunicaban ao 112 Galicia que unha das súas patrullas localizara ao home, que o trasladou ao Hospital Clínico Universitario de Ourense.

 

facebook twitter instagram