Imaxe escoitar Escoitar
venres, 6 Maio, 2022

Os servizos de emerxencia atoparon falecido esta mañá no Grove a un mergullador cuxo paradoiro era descoñecido desde o pasado luns.

O 112 Galicia tivo coñecemento da falta do home durante a tarde de onte, a través dos axentes da Garda Civil e da Policía Local, que segundo indicaron ao persoal do CIAE 112 Galicia, foran alertados por un veciño que relataba que o luns vira baixar do seu coche ao home para mergullar no mar. Aseguraba, ademais, que o vehículo seguía no mesmo lugar, na Punta do Carreiro.

Nada máis ter coñecemento dos feitos, desde o 112 Galicia activouse un operativo no que interviñeron medios por terra, mar e aire. Así, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do Servizo Municipal de Protección Civil, de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero Pesca I. Ademais, a Garda Civil mobilizou unha patrulleira e ao Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS), que foron os que esta mañá localizaban falecido ao mergullador. Posteriormente, o corpo sen vida do varón foi trasladado na embarcación á zona do Mirador do Carreiro, onde o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 certificou a súa morte.

facebook twitter instagram