Escuchar
venres, 24 Xaneiro, 2020

Os servizos de emerxencia localizaron esta tarde no río Lérez, á altura de Monteporreiro, o corpo sen vida dunha muller que desaparecera o pasado mércores en Pontevedra. Así o comunicaba ao 112 Galicia a Policía Autonómica ás 14:30 horas.

O 112 Galicia tivo coñecemento da súa desaparición durante a noite do mércores, a través da chamada dun membro da familia da muller.

A partir de aí, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia púxose en marcha un operativo de busca, coordinado pola Policía Nacional, no que colaboraron, ademais, os axentes da Policía Local.

Agora, as forzas da orde tratan de esclarecer as circunstancias do suceso.