sábado, 3 Xuño, 2023
Varios surfeiros atoparon o cadáver no mar, na Praia de Bastiagueiro.
Os deportistas levaron o corpo da persoa ao areal, onde os servizos sanitarios confirmaron o seu falecemento.
O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás 12:45 horas de hoxe, a través dunha persoa particular.
De xeito inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, da Garda Civil e do Servizo de Emerxencias de Oleiros. Ademais, informaron do achado a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.