Escoitar
domingo, 7 Xullo, 2019

O corpo sen vida dunha muller de avanzada idade foi atopado na noite de onte, sen aparentes indicios de violencia, nunha praia do concello coruñés de Neda. Así o comunicaban ao 112 Galicia os axentes da Garda Civil ao fío das 23:00 horas.

Poucos minutos antes, membros de Protección Civil da localidade puxéronse en contacto co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para informar que empezaban a colaborar nun operativo de busca para localizar a unha muller que faltaba dende a última hora da tarde.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a señora marchou a darse un baño nunha zona próxima a un pazo da rexión e desde entón non volvera á súa casa.

Ademais da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, informouse tamén ao GES de Mugardos por se fose necesaria a súa colaboración.

As forzas da orden tratan de aclarar as circunstancias do suceso.

facebook twitter