Escoitar
domingo, 19 Novembro, 2023

Os servizos de emerxencias rescataron o turismo e o corpo do home que se atopaba no seu interior, logo de ser localizado nunha zona moi próxima a onde a vítima se sospeita que puido haber caído. 

Os traballos de rescate foron laboriosas, segundo indicaron os profesionais, debido á situación e á corrente que leva o río. 

Cómpre sinalar que o operativo de busca foi activado e coordinado en todo momento pola Garda Civil desde o momento en que os veciños notaron a falta do home, o pasado venres á tardiña, en Sabucedo.  

Desde entón, numerosos veciños e servizos de emerxencias buscaron sen descanso con medios acuáticos, aéreos e terrestres,  pola zona, arredores e concellos limítrofes ata que hoxe, sobre as catro da tarde, comunicaron a infortunada noticia. 

A esta hora, os axentes da Garda Civil comunicaron ao 112 Galicia o remate do rescate. 

 

facebook twitter instagram