QUÉ FACER EN CASOS DE EMERXENCIA NATURAL?
>TEMPORAIS DE CHUVIA E INUNDACIONS
Se se anuncia un temporal de chuvia na túa zona, escoita a radio e presta atención ás previsións meteorolóxicas.
Se estás na casa ou nun edificio
Pecha ben as portas e ventás.
Conduce os animais domésticos a lugares altos e protexidos.
Coloca os documentos importantes, os obxectos valiosos, os alimentos e a auga potable en pisos altos.
Desconecta o interruptor xeral da electricidade. Non baixes ós sotos nin quedes en zonas de nivel baixo.
Informa as autoridades da túa situación e da túa familia.
Se te atopas no coche
Circula con precaución e vixía posibles desprendementos de terra.
Afástate de pontes torrentes ou zonas que se poidan inundar.
Non atraveses unha zona inundada.
Non aparques o coche nin acampes nas beiras dos ríos.
>TEMPORAIS DE NEVE E XEADAS
Se se aproxima un temporal de neve, reúne alimentos, combustible e os medicamentos que sexan necesarios, así coma candeas, lanterna e pilas.
Se estás na casa ou nun edificio
Comproba o estado da túa vivenda, especialmente o tellado e o sistema de calefacción.
Evita que as persoas maiores saian á rúa.
Desconecta os aparatos eléctricos e mantén abertas as billas, para evitar a conxelación das tuberías.
Se debes usar o vehículo
Evita viaxar de noite e non o fagas só.
Circula con precaución.
Non frenes en zonas xeadas nin fagas cambios bruscos de dirección.
Infórmate antes do estado das estradas.
>TEMPORAL DE VENTOS FORTES
Se estás na casa ou nun edificio
Retira tódolos obxectos do exterior da túa vivenda (plantas, mobiliario, etc.).
Pecha e asegura ben as portas, ventás e persianas.
Escoita a radio e presta atención ós consellos que ofrezan.
Se te atopas no exterior
Camiña preto das fachadas dos edificios e vixía a posible caída de obxectos.
Evita pasar preto de edificios ruinosos, árbores, valados publicitarios e obxectos que poida derrubar o vento.
Se debes usar o vehículo
Circula con precaución e infórmate antes do estado das estradas.
Se debes deixar o vehículo na rúa, apárcao nun lugar protexido do vento.
>TREMORES
No momento do tremor
Na rúa: afástate dos edificios. Se non podes, refúxiate nun portal.
Se te encontras no vehículo: para onde o permita o tráfico e queda dentro.
Nun edificio: busca estructuras fortes.
Non fuxas do edificio durante o tremor.
Despois do tremor
Comproba se estás ferido e presta auxilio ás persoas do teu arredor.
Se hai lume e non podes dominalo, avisa ós bombeiros
Se é posible, pecha as chaves xerais da auga, gas e electricidade.
Ten precaución ó abrir os armarios.
Non fumes nin acendas lume.
Se estás nun edificio, abandónao mantendo a calma e sen te precipitar.
Se estás na casa, lévate a documentación, roupa de abrigo, os teus medicamentos indispensables e unha radio portátil con pilas. Non utilíce-lo ascensor. Pode haber cortes de electricidade.
Diríxete a un lugar aberto e protexido da caída de obxectos.
Anda polo centro das rúas, vixiando o que poida caer.
Evita as zonas costeiras, polo perigo de grandes ondas.
Ten coidado coa auga, podería estar contaminada.
QUÉ FACER EN CASOS DE EMERXENCIA ANTRÓPICA?
>INCENDIO FORESTAL
Infórmate das épocas de risco de incendios.
Non fagas nunca lume no monte nin nos seus arredores.
Mantén o monte limpo. Non tíres os cigarros ó chan, nin pola ventá do coche.
Elimina a maleza dos arredores da túa casa.
En caso de incendio
Se o lume é pequeno, atácao na súa base.
Se non se apaga facilmente, avisa ao 112.
Non te acerques ao lume e fuxe en dirección oposta ao fume.
Non fuxas en sentido ascendente cando o lume tenda a subir. Faino en sentido perpendicular á súa dirección de avance
>INCENDIO NUN EDIFICIO
Mantén os fósforos e os acendedores fóra do alcance dos nenos.
Non gardes productos inflamables (alcohol, papeis, tecidos) preto dunha fonte de calor. Comproba o bo estado dos extintores.
Infórmate sobre as instruccións en caso de incendio no edificio onde vives e no teu lugar de traballo.
Non fumes cando manipules un producto inflamable.
Mantén despexadas as saídas de emerxencia.
En caso de incendio
Avisa ós equipos de socorro.
Nun lugar público, dá a alarma e procede á evacuación seguindo as saídas de emerxencia indicadas.
Vaite rápido, pero sen correr e non utilíce-lo ascensor.
Evita as correntes de aire.
Corta a corrente eléctrica se o lume afecta a unha instalación eléctrica.
Ataca a base das lapas se tes un extintor a man.
Se un líquido se inflamou, sufoca o lume con panos mollados.
Se o lume está dentro dun recipiente, tápao.
Se se acende a roupa dunha persoa, faina rodar polo chan.
Se te atopas nun local cheo de fume, avanza a gatiñas.
Se hai lume ou ben fume detrás da túa porta, mantena pechada e móllaa a miúdo.
Faite ver pola ventá se non podes saír do edificio.
>CONCENTRACIÓN EN GRANDES SUPERFICIES E OBXECTOS SOSPEITOSOS
Fíxate nas saídas de emerxencia e nas instruccións de seguridade existentes en grandes superficies.
En caso de evacuación
Se soa a alarma, mantén a calma e sae inmediatamente do edificio.
Sigue as vías e saídas de emerxencia indicadas.
Vaite rápido, pero sen correr.
Non utilices ascensores nin escaleiras mecánicas.
Se observas algún obxecto sospeitoso
Afástate do lugar.
Pídelles ós peóns que se afasten do obxecto sospeitoso.
Avisa ós equipos de socorro a 112 Galicia .
Non tóques o obxecto. Podería estoupar.
QUÉ FACER EN CASOS DE EMERXENCIA TECNOLÓXICA?
>ACCIDENTE QUÍMICO
Cando se inicia a emerxencia
Un sinal de sirena ou megafonía móbil avisarate dun accidente que te podería afectar.
Se estás no exterior, péchate rápido no edificio máis próximo e, se é posible, nos cuartos interiores.
Se vas en coche, non abandones o vehículo no medio da rúa. Actúa de forma ordenada e busca refuxio no edificio máis próximo.
Pecha portas, ventás e toda entrada de aire do exterior, incluíndo os sistemas de ventilación e calefacción.
Durante a emerxencia
Escoita a radio para informarte sobre a evolución do accidente e as medidas que hai que adoptar.
Non fumes. Non acendas lume, candeas nin luces de gas.
Se notas molestias, e como medida de precaución, respira a través de panos mollados.
Se hai perigo de estoupido
Afástate de ventás e cristaleiras e péchate na parte oposta ó lugar onde se espera o estoupido.
Utiliza mesas, cadeiras e outros mobles como barreira.
Despois da emerxencia
Non saias ó exterior ata que cho indiquen as autoridades ou escóites o sinal de fin de alerta. O aire do exterior podería estar aínda contaminado.
Non baixes aos sotos. Podería haber acumulación de gas.
Ventila todo o local, unha vez que te autorizaran a saír.
>ACCIDENTE NO TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS
Se se produce un accidente deste tipo:
- Mantente a distancia.
- Sinala e baliza o accidente. Pon sinais diante e detrás.
- Avisa ós equipos de emerxencia a 112 Galicia
- Precisa o lugar e a natureza do accidente.
- Non fumes nin acendas lume.
- Non tóque-los feridos, a menos que se prenda lume no vehículo accidentado.
CONSELLOS XERAIS
Ademais dos consellos específicos para cada caso, indicámosche algunhas normas xerais de actuación que serían aplicables a tódalas situacións de emerxencia en Galicia.
- En caso de emerxencia chama ó teléfono de 112 EMERXENCIAS GALICIA.
- Infórmate sobre o sinal de alerta do teu concello.
- Sigue as indicacións das autoridades.
- Evita chamar por teléfono en caso de emerxencia, a menos que debas avisa-los equipos de socorro, para deixar libres as liñas ós grupos de intervención.
- Asegúrate de que sabes ónde está na túa casa o interruptor xeral da corrente eléctrica e as chaves da auga e do gas.
- Non vaias busca-los nenos ó colexio. Os seus profesores coidarán deles segundo un plano preestablecido.
- Ten un pequeno equipo de seguridade sempre a man:
> Transistor de pilas.
> Medicamentos indispensables.
> Roupa de abrigo.
> Documentación persoal.
> Unha lanterna.
> Pilas de recambio (hai que renovalas periodicamente). - En caso de emerxencia, escoita a radio para manterte informado.
- Non fagas circular rumores, nin créa-los rumores que non estean baseados en instrucións oficiais.
- E se te atopas nun vehículo:
> Un vehículo non é unha boa protección, excepto en caso de que se produza un movemento de terra (sismo).
> Un accidente ou unha catástrofe non é un espectáculo. Non aparques preto, pois impediría-lo traballo dos equipos de socorro. - Leva sempre no vehículo:
> Unha lanterna.
> Unha manta.
> Un botiquín de primeiros auxilios.
> Mapas das estradas da zona.
VAI SEMPRE NO VEHÍCULO: UNHA LANTERNA. UNHA MANTA. UN BOTIQUÍN DE PRIMEIROS AUXILIOS.MAPAS DAS ESTRADAS DA ZONA.
LISTAXE DE FRECUENCIAS DAS EMISORAS PÚBLICAS DE GALICIA
Frecuencias de Radio Galega
www.crtvg.es/RG/FrecuenciasRG.asp
A Coruña
ESTACIÓNS
|
SITUACIÓN
|
F.M.
|
CARIÑO-ORTIGUEIRA |
Monte Miranda |
87.6 |
CARBALLO |
Monte NEME |
88.5 |
SANTIAGO |
Monte Pedroso |
96.2 |
A CORUÑA |
Penamoa |
104.8 |
FERROL |
Monte Faro |
103.9 |
CEE |
Alto das Penas |
104.4 |
VIMIANZO |
Monte Sangue |
104.6 |
MUROS |
A Forcada Serres |
106.6 |
NOIA |
San Lois |
90.3 |
Lugo
ESTACIÓNS
|
SITUACIÓN
|
F.M.
|
NAVIA DE SUARNA |
Freixís |
91.1 |
VILALBA |
O Xistral |
98.3 |
LUGO |
Pena Rubia |
94.1 |
FOLGOSO DO COUREL |
Alto do Boi |
100.4 |
PEDRAFITA |
Alto do Poio |
102.4 |
LOURENZÁ-FOZ |
Pena Corneira |
103.3 |
VIVIEIRO |
O Castelo |
103.5 |
SARRIA |
Monte Páramo |
103.7 |
A PONTENOVA |
Picato-Vilarín |
104.5 |
RIBADEO |
O Mondigo |
105.2 |
XOVE-BURELA |
A Medela |
106.6 |
Ourense
ESTACIÓNS
|
SITUACIÓN
|
F.M.
|
VERÍN |
Alto de Fontefría |
88.5 |
LOBIOS |
Santa Eufemia |
92.7 |
OURENSE |
Seminario |
98.3 |
O BARCO |
Santa Eulalia |
101.2 |
MONTEDERRAMO - MEDA |
Monte Meda |
104.8 |
VIANA DO BOLO |
San Bernabé |
105.2 |
Pontevedra
ESTACIÓNS
|
SITUACIÓN
|
F.M.
|
A GUARDA |
Santa Tegra |
91.0 |
A CUROTA |
A Curota |
92.4 |
A CAÑIZA |
Monte Paradanta |
93.5 |
PONTEVEDRA |
Tomba |
94.7 |
VIGO |
Lavadores |
95.1 |
TUI |
Aloia |
96.0 |
CUNTIS-CALDAS |
Xesteiras |
100.9 |
REDONDELA-BUEU |
Domaio |
102.3 |
LALÍN |
Monte Carrio |
104.4 |
NIGRAN | 99.7 |
Frecuencias de Radio Nacional de España en Galicia
www.rtve.es/rne/emisoras/frec-rne.htm
RADIO 1 | RADIO 5 TN | |
A Coruña |
||
ESTACIÓNS | ||
LA CORUÑA (Meson do Bento) | 639 | |
LA CORUÑA (Monte Pastoriza) | 558 | |
MONTE XALO | 100.4 | 95.8 |
SANTIAGO | 103.1 | 93.7 |
Lugo |
||
ESTACIÓNS | ||
LUGO (Arrieiras-Fontao) | 801 | 1.098 |
MONFORTE DE LEMOS (Marroxo) | 88.8 | |
MONFORTE DE LEMOS (Piñeira) | 972 | 1.503 |
PARAMO | 101.7 | 92.8 |
PIEDRAFITA | 89.4 | |
XISTRAL | 89.5 | 106.6 |
Ourense |
||
ESTACIÓNS | ||
BARCO DE VALDEORRAS | 94.7 | 104.6 |
MEDA | 102.8 | 106.8 |
ORENSE (Pereiro) | 774 | 1.305 |
ORENSE (Vilar) | 100.6 | 95.1 |
VERIN | 90.7 | 94.1 |
Pontevedra |
||
ESTACIÓNS | ||
CASTROVE | 102.9 | 104.3 |
DOMAYO | 90.1 | |
PONTEVEDRA (Pastoriza Marin) | 855 | 531 |
VIGO (El Castro) | 1.413 |