Escuchar

Achéganse centos de concertos, festas, múltiples eventos, que seguro, non te perderás. Dende o 112 Galicia somos os primeiros interesados en que goces intensamente deles, con moito sentidiño. Por iso, non queremos deixar de lembrarche algúns consellos que axudarán a protexerte no caso de que se produza unha emerxencia nun evento con gran afluencia de público.

1. Comproba que o recinto conta con todas as medidas de seguridade

2. Pregunta á organización se ten un Plan de evacuación

3. Memoriza as saídas de emerxencia

4. Comproba se hai barreiras, sinais de dirección ou altofalantes a través dos que a organización poida dar indicación en caso de emerxencia

5. Si temos que evacuar o recinto, farémolo de forma ordenada e manterémola calma, seguindo as indicacións do persoal de seguridade

6. Non utilizaremos os ascensores

7. Se observas algún obxecto sospeitoso, afastámonos del e avisamos axiña ás Forzas de Seguridade

8. Convén estar en contacto cos nosos acompañantes para estar localizados e poder pedir axuda no caso de ser necesario

9. Se levas nenos ou persoas maiores contigo, algunha identificación tipo brazalete ou colgante, axudarache a localizalos

10. Roupa e calzado adecuados para o evento

11. No caso de apuro, chama ao 1-1-2