
- Prepara con previsión a ruta a seguir e infórmate da meteoroloxía
- Adecúa a súa dificultade a túa preparación física e experiencia
- Evita practicar estes deportes só e, mellor, realízaos nas horas de luz
- Se non hai luz suficiente, faite ver
- Leva material adecuado, roupa e calzado acordes á saída
- É aconsellable facer unha equipaxe básica: mapa, compás, manta térmica, roupa de reposto, auga e víveres, lanterna, chifre...
- O teléfono móbil sempre cargado e, a poder ser, con batería extra
- Descarga aplicacións de xeo-localización e activa a localización no teléfono móbil
- Deixa aviso aos teus amigos ou familiares da ruta prevista a facer e da duración estimada da mesma
- Nas saídas en grupo, os integrantes non deben separarse nunca
- Ante calquera emerxencia chama ao 1-1-2