Imaxe escoitar Escoitar
venres, 27 Xullo, 2018

Un home faleceu en Vilagarcía de Arousa ao quedar atrapado debaixo do tractor que manexaba nunha leira. Os feitos ocorreron no número 8 do lugar do Outeiro, na parroquia de Cornazo.

O 112 Galicia tivo constancia do sucedido ás 18:30 horas, a través das chamadas do 061-Urxencias Sanitarias e dunha persoa particular, que indicaba que unha persoa fora esmagada por un tractor.

A partir de aí, dende o CIAE 112 Galicia se informou do accidente aos Bombeiros do Salnés, á Garda Civil  e a Protección Civil.

Xa no punto, o persoal do 061-Urxencias Sanitarias liberou ao varón, pero nada puido facer por salvarlle a vida.

facebook twitter instagram