Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 28 Febreiro, 2018

A neve continúa dificultando a circulación por algúns puntos concretos na rede viaria de Galicia. Así, nestas últimas horas, as incidencias por mor da acumulación de neve seguíronse producindo especialmente nas provincias de Lugo e Ourense e no interior da provincia de Pontevedra, aínda que a previsión é que as precipitacións de neve vaian cedendo e dando paso ás chuvias.

Concretamente, na N-640, ao seu paso polo concello lugués de Pol, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia rexistrou ás 9:30 horas de hoxe un accidente de tráfico, no que se viron implicados dous vehículos que chocaron a causa dunha placa de xeo, aseguraron os condutores.

Ata ao lugar desprazáronse o profesionais do 061-Urxencias Sanitarias para a atención dos feridos e tamén o persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento, que se encargaron de restablecer a seguridade na vía.

Ademais, en Ourol, varios vehículos quedaron parados por mor da neve, entre os que se atopaba un cortexo fúnebre. Sucedeu ás 10:40 horas na N-540, no Alto da Gañidoira.

No resto das provincias, tamén se rexistraron incidencias, que no caso da Coruña foron máis por placas de xeo que por neve. Con todo, a previsión meteorolóxica sinala que a neve irá a menos e dará paso ás chuvias. 

Aquí podes consultar o balance completo de incidencias.

facebook twitter instagram