
Cada vez estamos máis preto de recuperar antigos hábitos. Para avanzar a pasos firmes, sen medo e sen a necesidade de volver empezar, hai un xesto moi importante que debemos ter en conta: lavar as mans con frecuencia.
Usar auga e xabón na nosa hixiene diaria é a clave para prevenir novos contaxios.
Cando debo facelo?
- Hixieniza as mans antes e despois de saír de casa
- Procura lavalas sempre que teñas contacto con superficies que supoñan un posible foco de contaxio
- Tras esbirrar, tusir ou soarse o nariz
- Despois do contacto con alguén que esbirra ou tose
- Despois de usar o baño, o transporte público e antes e despois de comer
Agora, máis que nunca, seguir as recomendacións para frear a propagación do virus está nas nosas mans.