Escoitar
domingo, 14 Xullo, 2019

Un total de 93 incidencias relacionadas coa alerta de nivel laranxa por tormentas decretada durante a tarde de onte para as provincias de Ourense e Lugo e de nivel amarelo para as provincias de Coruña e Pontevedra, foron as contabilizadas no 112 Galicia, entre as 14:00 e as 20:00 horas.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais. A maioría dos incidentes tiveron que ver coa retirada de árbores ou pólas nas estradas. De esta maneira, destácase a interrupción á circulación de trens en Monforte de Lemos. Unha árbore caída sobre a vía, á altura do número 54 da Avenida Calvo Sotelo impedía a circulación. Unha vez os operarios de emerxencias retiraron a árbore, restableceuse a circulación férrea con total normalidade. Tamén, unha forte sarabiada provocou que varios condutores se refuxiaran no interior do Túnel de Pedrafita, na A-6. Co fin de evitar riscos de accidente, aos poucos minutos, o Túnel quedou despexado. Así mesmo, en Allariz, un condutor viuse sorprendido pola caída dunha peza de formigón da galería dunha vivenda enriba do seu coche. Por fortuna, o condutor resultou ileso.

Por provincias, a de Ourense foi a mais afectada, con un total de (49) incidencias contabilizadas, seguida da de Lugo con (26) incidentes, Pontevedra con (13), Coruña con (4) e, por último, (1) incidencia rexistrada en outras Comunidades.

Na provincia de Ourense, o Concello de Ourense resultou ser un dos mais afectados con (10) incidencias rexistradas, con  (6) o de San Cristovo de Cea e, entre outros, o de Manzaneda con (4) incidencias contabilizadas. Na provincia de Lugo, a peor parte foi para o Concello de Chantada con (8) incidencias e (3) para o de Monforte de Lemos con (5) incidentes. En Pontevedra, (5) foron o concello de Lalín e (3) para o de Dozón. Por último, na provincia da Coruña, os concellos de Cabana de Bergantiños, o de Carral e o do Pino con (1) incidente rexistrado en cada un deles.