Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 24 Marzo, 2018

O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia leva xestionadas dende as 16,00 horas de onte un total de 338 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso que está a afectar á nosa comunidade autónoma.

Desde as 10,00 da mañá ata esta tarde, rexistráronse un total de 164 novas incidencias, que se suman ás 174 que se detectaran entre a tarde do venres e esta mañá.

Das 338 incidencias, a gran maioría concentráronse na provincia da Coruña, con 191. A continuación, sitúase Pontevedra, con 60 incidencias; Lugo, con 48; e Ourense, con 17. A tipoloxía máis abundante foron problemas na circulación provocados pola caída de árbores e obxectos desprazados.

facebook twitter instagram