Escoitar
martes, 27 Setembro, 2022

O condutor do tractor necesitou asistencia médica, polo que foi evacuado ao Hospital Clínico de Santiago.

Ao fío das 19:30 horas de onte, o 112 Galicia recibiu información sobre a colisión entre un turismo e un tractor na AC-305, ao paso pola parroquia rianxeira de Araño. Como consecuencia do impacto, o condutor sufriu diversas lesións e a calzada quedou afectada pola perda da carga que trasladaba o vehículo agrícola: uvas. Deste xeito, os axentes da Policía Local, que acudiron ao lugar do accidente logo de recibir o aviso do persoal do 112 Galicia, solicitaron a intervención dos equipos de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas co fin de retirar os obstáculos da vía e recuperar as condicións de seguridade para a condución.

Igualmente, foron informados os axentes da Garda Civil de Tráfico, así como os voluntarios de Protección Civil e os Bombeiros de Boiro, aínda que a persoa ferida estaba liberada e accesible.