O xerente da AXEGA, Marcos Araújo, recolleu o galardón que outorga o Concello da Estrada
Durante a cerimonia, as autoridades do consistorio resaltaron o traballo das persoas que atenden e xestionan as emerxencias
O xerente da Axencia Galega de Emerxencia (AXEGA), Marcos Araújo, recolleu a Insignia de Ouro do Salmón, que outorgou o Concello da Estrada, polo labor que o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia levou a cabo na loita contra o coronavirus durante os anos de pandemia.
Na cerimonia, que tivo lugar no Teatro Principal da localidade pontevedresa, as autoridades do consistorio puxeron en valor a dedicación e o esforzo das persoas que atenden e xestionan as chamadas de emerxencia.
Pola súa banda, o xerente da AXEGA resaltou o gran recibimento que brindou A Estrada aos traballadores do 112.