Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 15 Setembro, 2019

Unha muller que se perdeu cando paseaba polas proximidades do Río Verdugo, en Ponte Caldelas, puido ser atopada a través do envío das coordenadas ao 112 Galicia empregando o seu teléfono móbil.

Deste xeito, mediante o uso da aplicación WhatsApp, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia recibiu a súa posición, dato que foi transferido á Garda Civil. Así, os axentes acudiron ata o lugar indicado, onde atoparon á muller en bo estado de saúde.

facebook twitter instagram