Escoitar
martes, 27 Setembro, 2022

A Unidade Operativa de Drones da AXEGA (Axencia Galega de Emerxencias) uniuse, esta tarde, á busca do septuaxenario desaparecido desde onte en Carballedo (Lugo). Así, súmanse aos medios coordinados pola Garda Civil de Lugo, entre os que esta mañá se contaban un helicóptero, cans de rastrexo e catro patrullas. Xa pola tarde, incorporáronse efectivos da Protección Civil de Chantada.

O operativo púxose en marcha pouco antes das 14 horas do luns, cando un particular deu conta ao 112 Galicia da falta dun familiar desde as 10 da mañá, quen non regresou á casa tras saír camiñar cun rabaño de ovellas.