Escoitar
xoves, 30 Marzo, 2023

Os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) comunicaban, tras apagar o último lume, que arderan vinte e un colectores nunha decena de lugares da localidade sen provocar danos persoais.

O 112 Galicia recibiu, durante as primeiras horas da madrugada, múltiples chamadas de particulares que alertaban de contedores do lixo ardendo en Padrón. En concreto, un deles informaba de que no lugar de Estramundi había varios afectados.

Para este operativo foron informados, ademais do GES de Padrón, os axentes da Garda Civil e os membros de Protección Civil municipal.

Arde unha casa abandonada en Neda
Esta mañá, un lume queimou por completo o interior dunha vivenda abandonada situada na rúa de Sobre a Vila, en Neda.

Os xestores do 112 recibiron o aviso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pasadas as 7 horas, tralo que solicitaron a colaboración dos Bombeiros de Ferrol, do GES de Mugardos, dos axentes da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Neda.

Ademais, o persoal sanitario desprazouse ata o lugar de modo preventivo, aínda que afortunadamente ninguén resultou ferido.

facebook twitter