Escoitar
sábado, 12 Xuño, 2021

Os servizos de emerxencia concluíron as labores de extinción do lume que afectou a unha nave de explotación avícola en Xunqueira de Espadanedo, sen que se rexistrasen danos persoais. Ademais, ningún animal resultou afectado polos efectos das lapas.

Cómpre salientar que o 112 Galicia tivo coñecemento deste incendio ao fío das cinco e cuarto da pasada tarde, a través dunha persoa particular, que alertaba da presencia de fume no interior dunha explotación avícola situada entre a parroquia de NiñodaAguia e o lugar de Pardeconde.

A partir dese momento, púxose en marcha un operativo no que interviñeron os Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas, o GES do Pereiro de Aguiar, as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Maceda e de Xunqueira de Espadanedo, os axentes da Garda Civil e persoal de incendios forestais, que achegaron unha motobomba.

Ademais, neste operativo prestaron colaboración cun camión cisterna os membros do Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias, para abastecer de auga aos equipos de emerxencia mobilizados.