Escoitar
luns, 4 Xullo, 2022

O ocupante dun turismo necesita aos bombeiros para saír e recibir atención médica tras colidir contra un autobús en Sarria.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse contras as tres desta tarde na CG-2.2, en Betote.

No momento da colisión, o autobús implicado ía sen pasaxeiros e ninguén resultou ferido. Non así no turismo, onde o ocupante sufriu algunhas lesións, e mesmo necesitou a axuda dos Bombeiros de Sarria para abandonar o vehículo. Deste modo, puido recibir atención por parte do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que estivo en todo momento consciente.

Ademais dos bombeiros e dos sanitarios, desde o 112 Galicia, tamén se informou aos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local.