Escoitar
mércores, 31 Xullo, 2019

O rescate dun home illado nunha zona rochosa obrigou a mobilizar recursos por mar e terra en Muxía.

Sucedeu á última hora da tarde de onte na contorna da Furna do Andaluz, a onde a persoa chegou andando. 

Ante as dificultades para volver, o afectdo, de fala francesa, púxose en contacto co 112 Galicia para pedir axuda. Así, activouse un operativo no que participaron equipos de Salvamento Marítimo e Protección Civil da localidade, que, finalmente, foron quen de acceder á zona cunha embarcación e trasladar ao home ao porto deportivo en perfecto estado de saúde. 

Deste xeito, o equipo de Salvamento Marítimo, que xa se dirixía á zona a bordo de Helimer, descartou a súa intervención e voltaron á base.

Tamén foron informados os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, mais a persoa rexeitou asistencia debido a que, tal e como indicou, atopábase perfectamente e simplemente necesitaba axuda para saír da furna.