Escoitar
venres, 9 Xuño, 2023

A chamada de alerta rexistrouse no 112 Galicia a través deste sistema, que, tras detectar o impacto no vehículo, permitiu enviar unha sinal de alerta aos xestores de emerxencias.

Ocorreu sobre as 16:00 horas. Tamén, a esa hora, os servizos sanitarios contactaban co 112 para informar dunha saída de vía na PO-308, quilómetro 9, en Samieira, no concello pontevedrés de Poio. Indicaban que no vehículo viaxaban tres persoas e que unha delas estaba fora do turismo. Así mesmo, unha persoa particular que parou para auxiliar aseguraba que era precisa a asistencia sanitaria.

Ata o lugar, ademais do persoal sanitario, acudiron tras ser informados polo 112 Galicia, os axentes de Tráfico, os membros do GES de Sanxenxo e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Os feitos tamén se puxeron en coñecemento dos axentes da Policía Local.

Unha vez no punto, os membros do GES indicaron que, tras reanimar ao ocupante que viaxaba na parte traseira do vehículo, nada se puido facer por salvarlle a vida. A persoa faleceu.

Igualmente, os servizos sanitarios ademais de confirmar o pasamento da persoa indicaron que os outros dous ocupantes do vehículo que resultaron feridos foron trasladados ao Hospital de Montecelo de Pontevedra.

Un ferido en Abegondo tras caer por un terraplén
Os Bombeiros de Betanzos descartaron o uso de material de excarceración para sacar ao condutor do interior do vehículo, sen embargo, si tiveron que intervir con material de rescate.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente sobre as 15:30 horas desta tarde. Un particular informaba, a esa hora, dun coche caído por un terraplén na AC-542, punto quilométrico 6, en Mabegondo. O mesmo alertador solicitaba aos xestores do 112 a intervención dos Bombeiros para poder quitar ao condutor do interior do vehículo.

Desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Betanzos, que decontado se desprazaron ao punto. Do mesmo xeito, foron informados os axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar dos feitos e tras rescatar ao ferido e único ocupante do vehículo, os Bombeiros indicaron que tiveron que facer uso dun taboleiro espinal e de cordas para o rescate. Ademais, indicaron que foi preciso asegurar o vehículo e cortar dúas árbores que impedían a súa retirada.

Así, tras cortar as árbores, unha guindastre procedería a retirar o vehículo.

Saída de vía dun camión en Ponteareas
Segundo a información recibida no 112 Galicia, o camioneiro non resultou ferido, pero, por precaución, os servizos sanitarios farían as primeiras valoracións sobre o seu estado.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás tres menos dez desta tarde. O particular que chamou para informar do suceso indicaba que se trataba dunha saída de vía dun camión na A-52, quilómetro 293, á altura de San Mateo de Oliveira, dirección Vigo, en Ponteareas. Segundo relataba, pensaba que non había persoas feridas.

Os xestores del 112, tras recibir o aviso, puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico e da Policía Local, dos membros del GES-SPEIS Ponteareas e de Protección Civil. Por precaución, tamén foi avisado o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Unha vez no lugar dos feitos, os Bombeiros de Ponteareas indicaron que o vehículo estaba totalmente fóra da vía, á espera dunha guindastre para a súa retirada.

facebook twitter instagram