Imaxe escoitar Escoitar
xoves, 14 Novembro, 2019

O 112 Galicia tivo constancia dun tornado que guindou varias árbores e cables do alumeado público no lugar de Santaia de Arriba, en Arteixo, sen que se rexistrasen danos persoais. Sucedeu ao fío das 11:45 Horas e desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Policía Local, a Protección Civil de Arteixo e aos Bombeiros de Arteixo.

Ademais, un refacho de vento destrozou un pendello, un hórreo e o valado nunha casa no lugar da Senra, en Ordes, sen que houbese que lamentar danos persoais. Ocorreu preto das 11:20 horas e desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Ordes e da Policía Local.

Por outra banda, producíronse tres saídas de vía ás 10:20 horas na A-6 , en Aranga, por mor do xeo na autovía, sen que ningunha persoa resultase ferida. Desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Betanzos, do GES de Curtis e da Garda Civil de Tráfico.

facebook twitter instagram