Escoitar
luns, 16 Maio, 2022

Un accidente de tráfico no quilómetro 0,4 da VG-20, ao paso por Vigo, obriga a intervir aos Bombeiros de Vigo para liberar ao único ocupante atrapado no interior.

Ocorreu pouco antes das dez desta mañá, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para informar do sucedido.

Efectivamente, un turismo envorcado cunha persoa atrapada dentro causou a alerta de quen contactou co servizo de atención telefónica das chamadas de emerxencia. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, solicitouse a colaboración dos Bombeiros de Vigo, así como dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Cando a persoa foi liberada polos bombeiros, recibiu a asistencia médica necesaria por parte do equipo de profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.