Escoitar

O regreso da rutina, as novas cores da natureza ou os cambios na climatoloxía sinálannos que o outono xa está aquí.

Malia que o inicio desta nova estación marca o comezo da época na cal pasaremos máis tempo nos fogares, é un dos períodos do ano escollido por moita xente para explorar a nosa contorna e gozar das fermosas paisaxes que deixa a natureza.

Por iso, convén prestar atención ás seguintes recomendacións para previr situacións de risco que impidan gozar desta época do ano con seguridade.

Coa chegada do outono, os cogomelos brotan de novo nas zonas de monte. Saír a recollelos pode resultar unha actividade divertida, moi adecuada para levala a cabo en grupo ou coa familia.

É importante que, antes de poñerte mans á obra, consultes a previsión meteorolóxica e teñas en conta as horas de luz.

Leva contigo o teléfono móbil sempre cargado e co GPS activado.

Evita consumir fungos descoñecidos para non sufrir unha intoxicación.

E por último e non por iso menos importante, lembra respectar e coidar o entorno.

Nesta época do ano é habitual acender as chemineas nas vivendas, debido á baixada das temperaturas. Co paso do tempo, estes elementos acumulan feluxe e outras partículas, que poden provocar un incendio. Para previr que isto aconteza, o mellor é realizar unha limpeza periódica e revisar o sistema de calefacción.

Ademais, é a época ideal  para manter o tellado limpo e saneado. Lembra que nesta estación, as cubertas, os canlóns e as baixantes poden taponarse pola caída da folla. Deste xeito, evítanse as filtracións no interior da vivenda.

Ademais das chemineas, ao longo do outono é habitual o uso de fontes de calor para quentar a casa. É importante ter en conta que estes elementos ou sistemas que se utilizan para aumentar a temperatura poden causar unha intoxicación cando os niveis de osíxeno no son os axeitados nunha estancia da vivenda.

Para evitar riscos pola acumulación de monóxido de carbono, hai que manter unha ventilación constante e, tamén, utilizar un detector de gas. Ademais, cando se fai uso dunha estufa de gas, hai que comprobar que a chama é sempre de cor azul.

Ao utilizar fontes de calor pola baixada das temperaturas, procura afastalas de materiais inflamables que poida haber na casa.

Nunca uses calefactores para secar a roupa.

Lembra ventilar a estancia con frecuencia.

O outono é un dos períodos do ano escollido por moita xente para explorar a nosa contorna e gozar das fermosas paisaxes que deixa esta estación, cando as follas das árbores tornan a súa cor verde en ocre.

Antes de saír de ruta, comproba a previsión meteorolóxica para evitar sobresaltos.

Utiliza unha indumentaria que se axeite as condicións da actividade.

Recorda respectar a contorna.

Agora que chegou o outono adoitamos ver nesta época do ano as rúas cheas de follas. É unha imaxe bonita, propia desta estación, pero entraña os seus riscos cando camiñamos por estes espazos.

Para protexerte e evitar caídas, usa calzado axeitado e apoia toda a planta do pé. Así mesmo, realiza pasos lentos e curtos.

Camiña sen distraccións, tamén sen cargar con pesados vultos e, se cruzas a beirarrúa, faino polos pasos de peóns.

Esta estación do ano caracterízase pola aparición de fenómenos meteorolóxicos adversos que poden chegar a sorprender nas estradas. Entre eles, a choiva, a néboa ou o xeo. Ademais, no outono as noites son máis longas, polo que os riscos de sufrir un accidente aumentan, xa que conducir pola noite é máis perigoso que facelo durante o día. Por iso, mantén o teu vehículo sempre a punto.

Revisa o sistema de iluminación, os limparabrisas e cristais.

Verifica que a batería funciona correctamente.

Comproba os niveis dos líquidos.

Mantén en bo estado os pneumáticos.