luns, 18 Setembro, 2023
Unha das particulares implicadas chamou ao 112 Galicia dez minutos antes das 2 horas da madrugada e explicou que a auga estaba a arrastrar o seu vehículo na rotonda da rúa das Fontes do Sar. Segundo indicaba, o nivel da auga estaba case á altura das ventás e comezaba a entrar no interior do coche.
Decontado, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros e á Policía Local de Santiago.
Os Bombeiros retiraron o vehículo afectado e encargáronse de drenar a auga que anegaba a vía, acumulada polas abundantes chuvias.