Escoitar
martes, 29 Xuño, 2021

Dez minutos antes das seis desta tarde, os Bombeiros da Coruña comunicaban ao 112 Galicia a total extinción do lume que afectou esta mañá a un buque mercante no Porto da Coruña.

Cómpre sinalar que un operario que traballaba na zona, tivo que ser evacuado ao Hospital Clínico Universitario da Coruña polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, despois de sufrir diversas queimaduras e resultar afectado pola inhalación do fume que provocou o lume. 

Segundo informaron os profesionais de extinción ao 112 Galicia, as lapas calcinaron por completo a segunda planta do espazo habilitado para a tripulación, no castelo de popa da embarcación.