Alertas activas:

Escoitar
luns, 25 Setembro, 2023

Os feitos ocorreron na autovía A-6 en sentido Madrid, e a ferida sería evacuada polos servizos sanitarios a bordo dunha ambulancia. Ademais, un dos carrís permaneceu pechado á circulación durante os traballos dos servizos de emerxencias.

Varios particulares chamaron ao 112 Galicia instantes despois das 14 horas para informar deste accidente, que se produciu no quilómetro 592 da A-6, á altura do concello de Arteixo.

Nas primeiras comunicacións, os alertadores indicaban que o coche estaba detido cando o camión colidiu fortemente contra a súa parte traseira. Polo menos unha persoa precisaba axuda para abandonar o turismo.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Arteixo, da Garda Civil de Tráfico e dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Arteixo, así como dos operarios de conservación da autovía.

Unha vez no punto, os Bombeiros utilizaron o seu material de excarceración para liberar a unha muller, que a continuación foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

facebook twitter instagram