Alertas activas:

Escoitar
sábado, 27 Outubro, 2018

O condutor dun coche queda atrapado no interior dun coche envorcado en Camporramiro, Chantada.

Segundo puido saber o 112 Galicia, este accidente produciuse ás 12:30 horas na estrada que une a localidade luguesa con Nogueira. Alí acudiu un equipo de profesionais sanitarios e unha dotación de bombeiros do parque de Chantada para excarcerar ao condutor, pois estaba atrapado polas pernas.

Unha vez liberado, o condutor puido ser atendido e evacuado por unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.  

Un home e unha muller embarazada, ferido en Vilamartín de Valdeorras
Ademais, ás 14:30 horas de hoxe, o 112 Galicia tivo coñecemento doutro accidente rexistrado na N-120 ao paso polo municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras. Como consecuencia do impacto, un home e unha muller en estado de gestación resultaron feridos de diversa consideración, polo que foron evacuados ao centro hospitalario de referencia.

Neste sinistro só houbo un vehículo implicado, que se saíu da vía e caeu por un desnivel duns dous metros de profundidade. Pese ao golpe, os ocupantes estaban liberados e accesibles e en todo momento conscientes.

Neve en Lugo
Por outra banda, en Lugo e Ourense, comezáronse a percibir os efectos da situación meteorolóxica adversa. Así, segundo comunicou a Garda Civil de Tráfico ao 112 Galicia, na LU-633, do quilómetro 0 ao 21, estaba en nivel amarelo debido á precipitación de neve mentres actuaban as máquinas de limpeza da calzada. Tamén na A-6 do quilómetro 432 ao 438 houbo algunhas complicacións que, do mesmo xeito, se foron subsanando co paso das máquinas.

En Verea (Ourense), rexistrouse un accidente de tráfico sen danos persoais pero ocasionado pola cantidade de sarabia acumulada. Sucedeu na OU-540, a estrada que une Ourense con Lobios.

 

facebook twitter instagram