Imaxe escoitar Escoitar
mércores, 3 Marzo, 2021

Un incendio declarado esta tarde no soto dun edificio localizado á altura do número 145 da Travesa de San Andrés provocou danos materiais no seu interior sen que, afortunadamente, ningunha persoa resultase ferida. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia polos Bombeiros da Coruña, o lume comezou nunha reixa de ventilación que comunicaba con o soto do inmoble e con o garaxe. O fume provocado pola combustión afectou por completo ao garaxe e a parte do arquivo dunha oficina bancaria.

Foron varias as persoas particulares que chamaron ao 112 Galicia ao redor das cinco horas para informar da situación. De acordo co relato das testemuñas do suceso, víase saír fume do soto dun edificio de dez andares. Durante a comunicación, un dos alertantes confirmou que non había persoas afectadas.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso aos membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento da Coruña, aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil.

Unha vez no lugar dos feitos, os bombeiros sufocaron o lume e ventilaron o garaxe.

facebook twitter instagram