Imaxe escoitar Escoitar
xoves, 24 Setembro, 2020

Un condutor resultou ferido este mediodía no concello coruñés de Lousame, tras saírse da vía cando circulaba pola estrada que enlaza O Confurco con Lousame, dirección Rianxo. 

Foi necesaria a intervención dos medios de excarceración, posto que, o home quedou atrapado no interior do turismo despois de saírse da vía.  

Así, desde o 112 Galicia nada mais recibir a alerta dun particular, pasados dez minutos das 13:00 horas, púxose en marcha un dispositivo no que interviñeron os servizos sanitarios, os Bombeiros de Boiro e Ribeira, os axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén foron informados os membros do GES de Brión por se fose necesaria a súa intervención.

Finalmente, os Bombeiros confirmaron a excarceración da única persoa ferida do interior do vehículo.

facebook twitter instagram