Imaxe escoitar Escoitar
venres, 15 Xaneiro, 2021

Os bombeiros tiveron que excarcerar ao ocupante dun vehículo que se saíu da vía e caeu por un desnivel en Ourense.

Unha vez estabilizado, o ferido foi evacuado ao centro hospitalario de referencia para ser atendido das lesións provocadas polo accidente.

O persoal do 112 Galicia tivo constancia do suceso minutos antes das 17:45 horas da tarde a través das chamadas de varias persoas particulares. Informaban dun vehículo que se precipitou por un desnivel e bateu contra unha vivenda.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención dos profesionais sanitarios, da Policía Local e dos Bombeiros de Ourense, que confirmaron o uso do material de excarceración para o rescate do único ocupante do turismo.

Ademais, pasouse aviso aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

facebook twitter instagram