Escoitar
luns, 6 Febreiro, 2023

O condutor estivo en todo momento consciente, e foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en canto os bombeiros lograron liberarlle a perna.

Para atender ao ferido, os xestores do 112 Galicia activaron todos os protocolos necesarios para o seu rescate e asistencia, tales como os Bombeiros do Baixo Miño e GES de Val Miñor, e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 

Tamén foron alertados os axentes da Policía Local, que acudiron ao lugar dos feitos, isto é, na Rúa do Piñeiro en Nigrán.

Á chegada dos equipos de emerxencias, observaron que o camioneiro estaba consciente, pero tiña unha perna atrapada polo que necesitaba a axuda dos efectivos de rescate para saír do seu vehículo envorcado.

Unha vez liberado, foi trasladado en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

facebook twitter