Escoitar
mércores, 28 Setembro, 2022

O ferido foi evacuado ao Hospital da Coruña debido ás lesións ocasionadas polo accidente de tractor no que se viu implicado.

Ás 19:20 horas de onte, o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que solicitaba medios de rescate para o condutor dun tractor que quedou debaixo da máquina logo de sufrir un accidente nunha leira en Maques.

Con esta información, o persoal do 112 avisou aos Bombeiros de Betanzos e aos membros do GES de Curtis quen colaboraron para liberar ao ferido. Deste xeito, facilitaron o acceso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para, unha vez proporcionados os primeiros coidados, evacuar o ferido ao centro hospitalario de referencia. A persoa ía consciente.

Cómpre indicar que os medios sanitarios reforzáronse coa mobilización dunha dotación a bordo do helicóptero con base en Santiago.