Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 13 Agosto, 2022

Pouco antes das dez desta mañá, unha patrulla da Garda Civil de Tráfico avisou a través do 112 Galicia dun vehículo envorcado no río Limia, no límite entre os concellos ouresáns de Rairiz de Veiga e Porqueira.

No interior, había unha persoa falecida para cuxo rescate necesitaban dos medios de excarceración do parque comarcal de Bombeiros de Xinzo.

Así, foron dos primeiros grupos de intervención con quen contactaron os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que nada podían facer por salvar a vida da persoa.

Tamén pediron a colaboración dos voluntarios de Protección Civil, que acudiron desde ambas as dúas bandas do río, pertencentes aos dous concellos lindeiros.

Unha persoa acaba atrapada no seu vehículo tras envorcar en Barreiros
Durante esta mañá, o 112 Galicia rexistrou outro accidente no que tamén foi necesaria a intervención dos bombeiros.

Neste caso, foi no concello lucense de Barreiros, concretamente no punto quilométrico 526 da A-8. Aí, un vehículo cun único ocupante a bordo saíuse da vía e envorcou. 

Para liberar o ferido, foi necesaria a intervención Bombeiros de Barreiros, que realizaron as manobras pertinentes para facilitar o acceso e atención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desprazados nunha UVI móbil.

Tras recibir a persoa os primeiros coidados, foi trasladada por esta dotación de asistencia médica ao Hospital de Foz.

Neste operarito, tamén interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal de limpeza e mantemente do Ministerio de Fomento.  

facebook twitter instagram