Escoitar
martes, 28 Xuño, 2022

Un condutor foi localizado sen vida no interior dun coche que se saíu da vía na AC-542, en Requién, Betanzos.

Segundo explicou un familiar a través do 112 Galicia, o señor dirixíase, nun coche de sustitución, a informar aos axentes do seu seguro dun accidente de tráfico anterior.

Ademais, engadiu, levaba uns días con mareos sen poder confirmar que o segundo sinistro no que se viu implicado o falecido no día de onte fose produto do seu estado de saúde. Iso si, quen chamou ao 112 Galicia para alertar dun vehículo fóra da vía ás 22 horas asegurou que o condutor podía levar un tempo morto no interior do coche, pois xa outra persoa vira o vehículo envorcado na AC-542, próximo á rotonda de acceso á A-6, facía unhas dúas horas. Un feito no que coincidían os Bombeiros de Betanzos, que acudiron tras o aviso do persoal do 112 Galicia para liberar o corpo sen vida do condutor, xa que era difícil ver o vehículo accidentado desde a estrada.

A maiores do bombeiros, desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico, quen, cando quixeron poñerse en contacto coa familia para explicar o que sucedera, o 112 Galicia recibira, por outra parte, a chamada dun fillo que pedía axuda porque nada sabían do falecido desde as cinco da tarde de onte, cando saíu con un coche de sustitución para informar aos axentes do seu seguro dun sinistro que tivera pola mañá.

Ao poñelo en comunicación cos axentes da Garda Civil de Tráfico e co persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o fillo coñeceu a triste noticia do falecemento.