Escuchar
xoves, 17 Xaneiro, 2019

O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) permanece no operativo de busca do home que desapareceu o martes en Muros.

Así, co manexo das aeronaves non tripuladas, os membros do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) colaboran nas labores de busca do home, nas que tamén participan os efectivos do GES de Muros, unha unidade de cans de rescate da Garda Civil e membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mazaricos.