Alertas activas:

Escoitar
luns, 23 Abril, 2018

A Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) prevé durante a mañá de hoxe sumarse á busca do home desaparecido no río Miño o pasado sábado.  Tamén, está previsto que esta tarde se sumen  ao operativo os Bombeiros de Baixo Miño.

Foi a noite do pasado sábado cando o CIAE recibiu a primeira chamada de alerta por parte dun particular. Indicaba que unha persoa caera ao Miño, na zona das Pesqueiras. Dende ese momento,  tras poñer en alerta aos medios portugueses, efectivos da Comandancia Naval do Miño rastrexaron sen parar a zona de Arbo e beiras do río. Medios marítimos da Mariña portuguesa e da Armada Española, Bombeiros e Garda Civil forman parte do dispositivo de busca.  

Ademais,  dende as primeiras horas de onte, a Axega, a través do CIAE 112 Galicia, ten activado o protocolo de colaboración transfronteriza en caso de emerxencia, ARIEM112, para tratar de localizar á persoa na parte portuguesa do río Miño. 

facebook twitter instagram