Imaxe escoitar Escoitar
sábado, 27 Outubro, 2018

Os medios de extinción da propia empresa e os Bombeiros de Betanzos logran controlar un incendio iniciado nas cintas transportadoras dunha nave de madeiras de Infesta, na localidade coruñesa.

Unha chamada dos traballadores ao 112 Galicia cando estaban a piques de dar as oito da tarde de onte permitiu que se activase un operativo no que traballaron persoal da compañía e os medios do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento da zona. 

Poucos minutos despois, o incendio estaba controlado e confinado na parte das cintas transportadoras co fin de evitar a súa propagación a outras zonas da planta. 

Ademais dos bombeiros, completaron este operativo os profesionais sanitarios, que acudiron por precaución, os axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil da localidade.

facebook twitter instagram