Escoitar
sábado, 8 Maio, 2021

Un operativo coordinado polo equipo de rescate de Salvamento Marítimo atópase, nestes intres, na busca de tres persoas que non regresaron ás súas casas desde a tarde de onte, cando saíran a pescar, na zona do Pindo, en Carnota.

O 112 Galicia foi informado deste operativo sobre as 17:30 horas da tarde.

A partir de aí, os xestores de emerxencias pasaron aviso ao Servizo de Gardacostas de Galicia, aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e aos membros de Protección Civil de Carnota, Dumbria e Cee.

Foron os familiares das persoas desaparecidas os que se puxeron en contacto co equipo de Salvamento Marítimo para solicitar axuda. Indicaban que saíran na tarde de onte a pescar a bordo dunha planadora e non regresaran.

Arestora, un amplo operativo formado por medios aéreos, terrestres e marítimos encóntranse  na procura dos desaparecidos.