Imaxe escoitar Escoitar
martes, 30 Maio, 2023

O lume iniciouse nunha neveira e ardeu por completo toda a cociña dun piso do edificio, de catro andares, situado na Rúa Fernando Arias.

O fume estendeuse ao resto de plantas do inmoble, desde a segunda, onde se orixinou o incendio, á cuarta, o que obrigou aos servizos de emerxencia a evacuar a todos os veciños deses andares. Ademais, axudaron a saír do edificio a catro persoas, que estaban nos pisos superiores do inmoble. Dúas delas, de idade avanzada, foron trasladadas ao Hospital Universitario Lucus Agusti polos servizos sanitarios.

O incendio declarouse ao fío das 16:00 horas desta tarde. Foi, nese momento, cando varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do lume.

De xeito inmediato, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba e da Garda Civil.

facebook twitter instagram