Escoitar
venres, 15 Outubro, 2021

Os Bombeiros de Vigo colaboraron esta tarde cos servizos sanitarios no rescate dunha muller que caeu nunha zona rochosa próxima á praia de Arealonga, en Vigo.

O 112 Galicia tivo coñecemento da situación da muller á unha e cuarto, a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención  dos Bombeiros de Vigo e dos axentes da Policía Local.

Segundo confirmaron ao 112 Galicia os profesionais sanitarios, unha vez realizado o rescate, a muller foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro.