Escoitar
xoves, 20 Xaneiro, 2022

Os servizos de emerxencia rescataron a unha persoa que resultou ferida cando traballaba cunha escavadora nunha zona de monte, na parroquia da Ría de Abres, no concello de Trabada.

O 112 Galicia foi coñecedor dos feitos a través do aviso do persoal sanitario, ás 17:45h. Este solicitaba a colaboración dos equipos de rescate para chegar a unha persoa que resultara ferida nunha zona de difícil acceso, no lugar de Pacios.

De xeito inmediato, os xestores do 112 Galicia informaron ao GES da Pontenova, á os axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil de Trabada. Ademais, co fin de enviar a axuda na maior brevidade posible, os xestores de emerxencias contactaron coa persoa que deu conta dos feitos, concretamente o fillo do home ferido, para solicitar o envío das súas coordenadas a través dun servizo mensaxería.

Finalmente, os efectivos da intervención confirmaron ao Emerxencias Galicia que a persoa foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.